CRTVG

Buscar

Caen máis de 2.500 raios en Galicia nunha tarde con pequenos asolagamentos

Publicado o 13/09/2021 21:30

Practicamente toda Galicia está hoxe en aviso amarelo por treboadas. A entrada dunha borrasca polo sur da comunidade provocou esta tarde numerosas tormentas, sobre todo no interior das provincias da Coruña e Pontevedra. E tamén na zona de fronteira entre Lugo e Ourense.Tormentas que viñeron acompañadas de chuvias fortes. Nalgúns lugares a auga provocou asolagamentos e dificultades para circular por zonas baixas. En total, ata as 8 caeron en Galicia máis de 2.500 raios.

Este martes o aviso amarelo por precipitacións e por tormentas, que poden ser fortes e mesmo moi fortes, é dicir que poden acumular entre 15 e 20 litros por metro cadrado nunha hora e ata 60 litros por metro cadrado en 12 horas, afectará as catro provincias galegas.

Noticias web

13/09/2021