CRTVG

Buscar

Caen en Manzaneda as primeiras folerpas do outono

Publicado o 22/10/2019 09:11

En Galicia deixamos atrás a chuvia abundante dos últimos días, aínda que hoxe caeu algún chuvasco que foi en forma de neve nalgunhas cotas altas. Así loce a estación de montaña de Manzaneda despois das nevaradas das últimas horas, cando falta máis dun mes para que comece a temporada de esquí.

A cota de neve baixou hoxe ata os 1.400 metros, pero mañá volve subir, e xa será máis difícil que se repitan estas imaxes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/10/2019