CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

Caen en Antas de Ulla 800.000 euros dun boleto da Primitiva selado nun céntrico bar

Publicado o 01/09/2017 20:55



A primitiva deixou máis de oitocentos mil euros en Antas de Ulla. O boleto foi selado nun céntrico bar da localidade e non se sabe quen é o afortunado pero na vila todos o celebran porque nunca tocou aquí un premio desta categoría.

Polo despacho onde se selou o boleto agraciado pasaron esta mañá moitos clientes coa esperanza de ser os destinatarios dos case oitocentos catorce mil euros do premio da Primitiva.
"Somos alegres pero non tocou, oxalá tocase"
"A esperanza non se perde nunca"
"Este é de onte, pero non é o de gañar, que eu ben quixera que fose"
" Non me importa que sexa meu ou non. Eu o que quería é que tocase un premio e tocou" di José Rodríguez, propietario do despacho onde se selou o boleto.
"Se me tocase diríao, o primeiro sería traer a orquestra Panorama"
Non se sabe quen é o afortunado, afortunada ou pode ser que agraciados en plural, pero en Antas, onde nunca tocou un premio desta categoría todos o celebran case como seu.

Aínda que non teñan o apetitoso boleto gañador no peto, en Antas hoxe parece un día de ledicia para todos os veciños.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí