CRTVG

Buscar

Caen as vendas de marisco e os viveiros temen polo produto almacenado

Publicado o 24/03/2020 16:04

Deste viveiro de marisco un día coma hoxe podían saír máis de seiscentos quilos. Hoxe venderon cen, e din que máis ou menos así está todo o sector.

As restricións decretadas pola emerxencia sanitaria pilláronos, ademais, a tope de produto.

Co viveiro cheo e sen pedidos, temen que o marisco acabe morrendo. Prevén que a situación se prolongue, e demandan axudas para superar esta crise.

Noticias web

24/03/2020