Cae unha terraza e dana a vivenda ao non soportar o peso da auga dunha piscina inchable
Esta é a imaxe captada dende arriba polos bombeiros. Derrubouse a terraza deste edificio de Elda e entre os cascallos do que era un comedor distínguese un plástico azul, son os restos dunha piscina inchable que provocou o derrubamento. Afortunadamente, ningún dos tres habitantes da vivenda estaba nese momento na estancia afectada.
Os arquitectos desaconsellan poñer este tipo de piscinas en terrazas, dado que os proxectos se adoitan calcular para unhas sobrecargas duns 300 quilos e que isto se sobrepasa facilmente coas piscinas.
"Cada dez centímetros de auga que poñemos, son 100 quilos, entón, cando nos pasamos 30 centímetros, xa nos pasamos de todo cálculo habitual. Hai coeficientes de seguridade e condicións particulares, pero xa é temerario facelo", sinala o arquitecto Anxo Sánchez.
Sinalan que o correcto é consultar as características técnicas do edificio para coñecer a capacidade de sobrecarga, dado que a maioría dos forxados non están preparados para tanto peso.