CRTVG

Buscar

Cae unha rede que introducía migrantes e haxix nas costas andaluzas

Publicado o 07/03/2020 11:43

A Garda Civil desmantelou unha rede que introducía migrantes e grandes cantidades de haxix polas costas de Cádiz e Málaga empregando potentes embarcacións que saían de Ceuta. Na operación rexistráronse 89 detencións e están sendo investigadas outras 39 persoas polos supostos delitos de narcotráfico, pertenenza a organización criminal, contra os dereitos de cidadáns estranxeiros, contrabando, roubo, falsidade documental e tenza ilícita de armas.
 

Noticias web

07/03/2020