CRTVG

Buscar

Cae unha rede que enviaba cocaína e haxix de Málaga a Francia oculta en automóbiles

Publicado o 16/03/2019 14:15

Cae unha rede que enviaba cocaína e haxix de Málaga a Francia oculta en vehículos. . A organización introducía en Europa droga procedente de Alxeria e Marrocos, que chegaba a España por vía marítima e que despois era trasladada ata Francia oculta nos dobres fondos dos vehículos, uns compartimentos aos que se accedía a tavés da matrícula.

Neles tamén ocultaban armas e cartos. A actuación saldouse con dez persoas detidas, todas de nacionalidade francesa, e a intervención de 46 quilos de cocaína e 500 de haxix, amais de armas, munición, cinco vehículos e 9.000 euros en efectivo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/03/2019