CRTVG

Buscar

Cae unha banda que estafaba en casinos de toda España, entre eles un na Coruña

Publicado o 02/05/2021 12:53

Unha operación conxunta da Policía Nacional e da Ertzaintza logrou desmantelar unha organización criminal itinerante dedicada a cometer estafas en casinos de toda España. Os axentes detiveron tres persoas de nacionalidade moldava en Irún.

Impútanlles polo momento delitos cometidos en tres casinos de Galicia, o País Vasco e Cataluña, aínda que estiveron noutras provincias. Identificaban os patróns de premios das máquinas recreativas e obtiñan de xeito ilegal os beneficios. Usaban algún tipo de dispositivo electrónico que facía posible detectar a secuencia gañadora logrando premios en efectivo.

Premios sempre baixaban dos mil euros para non ter que identificarse cando os ían cobrar nas caixas. Os investigados realizaron esta estafa en casinos da Coruña, Xirona, ademais de Euscadi, e tamén estiveron en Valladolid, Zaragoza ou Madrid.

A investigación tamén sitúa os membros da banda en locais de xogo de Francia e levou á detención dun dos integrantes en Bélxica.