CRTVG

Buscar

Cae un pesqueiro francés de 34 metros mentres o reparaban na Coruña

Publicado o 07/03/2019 23:25

• Caeu sobre o peirao do porto de Oza ante a ollada dos operarios

• Está previsto que este venres comecen os traballos para levantalo

Atención a estas imaxes do porto de Oza, na Coruña. Un pesqueiro francés de 34 metros de eslora saíuse das cuñas de madeira que o soportaban mentres o estaban a reparar, e caeu sobre o peirao nun aparatoso accidente, ante a ollada incrédula dos operarios. Por fortuna non houbo danos persoais. Está previsto que mañá a partir das 15.00 da tarde comecen os traballos para levantar o barco.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/03/2019