CRTVG

Buscar

Falece un home ao caer ao mar en Muxía

Publicado o 05/01/2020 11:33
Falece un home ao caer ao mar en Muxía

Un home faleceu ao caer ao mar esta mañá en Muxía, segundo informa Protección Civil. Era Veciño de Pino do Val. O incidente ocorreu nunha zona á que moita xente adoita ir pescar. Ata alí desprazouse Salvamento Marítimo, Protección Civil de Muxía, servizo de Gardacostas, Policía Local e o 061.