CRTVG

Buscar

Cae un coche dende a A-55 á vía do tren no Porriño

Publicado o 13/11/2019 21:24

Esta tarde, un coche saíu da calzada na autovía A-55 e caeu ás vías do tren. A circulación ferroviaria estivo cortada entre O Porriño e Guillarei e xa foi restablecida. Con todo, dous trens, o que circula entre Vigo e O Porto e máis o que une Vigo con Ponferrada acumulan un retraso duns quince minutos.

Aconteceu pasadas as sete e media nas proximidades do polígono porriñés das Gándaras e puido deberse á mala visibilidade dun cruzamento nun dos accesos da A-55, logo dunha manobra para esquivar outro turismo.

Un dos dous ocupantes do vehículo, que saíron polo seu propio pé do coche, chamou o 112 para alertar do acontecido. Os dous foron trasladados ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. O coche xa foi retirado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/11/2019