CRTVG

Buscar

Cae un 90% o tráfico en Semana Santa

Publicado o 10/04/2020 18:07
Cae un 90% o tráfico en Semana Santa

Os desprazamentos de vehículos lixeiros descenderon o pasado mércores, véspera de Semana Santa, un 90 % respecto a 2019, con só 295.000 movementos, dos cales máis da metade foron de vehículos pesados, no día que historicamente se producen máis viaxes en toda a rede de estradas españolas. Segundo os datos da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) este mércores rexistráronse 140.434 movementos de longo percorrido de vehículos lixeiros, cando o ano pasado houbo 1,5 millóns de viaxes. Tamén descenderon un 26 % os desprazamentos de longo percorrido de camións; este ano producíronse 155.082 movementos, fronte aos 208.854 que se produciron en 2019.

A DXT lembra que as retencións nas saídas e entradas das cidades en determinados momentos producíronse debido á intensificación de controis para evitar desprazamentos a segundas residencias durante a Semana Santa. 

Xoves Santo

O tráfico en accesos a cidades descendeu un 88% e o tráfico fronteirizo descendeu un 85,77% respecto ao Xoves Santo de 2019, segundo datos achegados pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT). Doutra banda, en longo percorrido a circulación de vehículos descendeu nun 83,05%, dos cales o tráfico lixeiro ha baixado un 88,79% e o de pesados un 67,35%. A comparativa de movementos en cidades mostra un descenso do 87% e a comparativa da hora punta nos accesos a Madrid experimentou un descenso do 64% respecto do venres anterior.

Noticias web

10/04/2020