CRTVG

Buscar

Cae o tráfico na AP-9 tras a declaración do estado de alarma

Publicado o 17/03/2020 20:44

As restricións de movemento que establece o estado de alarma estanse a notar na AP-9, a autoestrada do Atlántico, a principal vía de comunicación que percorre Galicia de norte a sur. Audasa ofrece os primeiros datos. A concesionaria apunta que no primeiro día do estado de alarma o tráfico reduciuse á quinta parte do que é habitual. Foron pouco máis de 3.700 vehiculos cando a media está nos 18.300. Desde Audasa din tamén que a redución é similar nas autovías entre Puxeiros e Baiona e na que enlaza A Coruña con Carballo.



 

Noticias web

17/03/2020