CRTVG

Buscar

Cae o revestimento dun edificio en Laxe sen causar danos

Publicado o 11/02/2019 13:19

O revestimento da fachada deste edificio de Laxe desprendeuse a noite do sábado ao domingo. Os cascallos, de aproximadamente un centímetro de grosor, caeron á rúa desde a altura do cuarto piso, pero non causaron danos. Non está claro se o desprendemento se debeu a filtracións de auga dentro do inmoble ou ao temporal de chuvia e vento forte do sur que fixo aquela noite.

"Foi a noite do sábado ao domingo, cando foi o vento tan grande, apareceu así pola mañá. E menos mal que foi de noite, porque penso que podía ter feito algunha avaría".

O Concello sinalizou a zona afectada en previsión de que se poidan producir máis desprendementos e persoal de portos retirou os cascallos da rúa. O edificio está deshabitado parte do ano, e só algún dos pisos está ocupado algunhas fins de semana e durante os meses de verán.

Noticias web

11/02/2019