CRTVG

Buscar

Cae en Marbella unha banda que traficaba con haxix en motos de auga

Publicado o 26/09/2020 15:11

Cae en Marbella un grupo criminal que traficaba con haxix en motos acuáticas. Hai seis detidos e 440 quilos de droga incautada.

A operación, da policía nacional e local, desenvolveuse a noite do pasado xoves. Varias chamadas alertaron aos servizos de emerxencias de distintos desembarcos de droga en praias de Marbella. Os medios aéreos da policía detectaron como as motos de auga accedían coas luces apagadas por un dos peiraos de Porto Banús.

 

Noticias web

26/09/2020