CRTVG

Buscar

Un instrutor do Exército e unha alumna morren nun accidente aéreo en Murcia

Publicado o 18/09/2019 21:10

Dúas persoas faleceron este mediodía nun accidente dun avión do Exército en Murcia. Trátase do instrutor de voo e unha alumna a Academia Xeral do Aire. O avión caeu ao mar ao pouco de engalar, por un fallo no motor.

O Ministerio de Defensa abriu unha investigación para determinar as causas exactas do accidente. O avión era un modelo similar a este, que se usa no Exército do Aire para labores de adestramento.

Ao pouco tempo de engalar na Academia do Aire de San Javier tivo un fallo no motor e caeu ao mar a uns metros dunha praia. Os dous tripulantes faleceron. Son un experimentado instrutor de voo de 50 anos, e unha alumna de 20, que estaba no terceiro curso da Academia. 

José Miguel Luengo, alcalde de San Javier, "foi un mazazo que faleceran esa alumna co seu instrutor. E un mazazo para un municipio que ten moita relación coa Academia Xeral do Aire. Son 76 anos de historia e hai uns vínculos moi fortes entre o pobo e a Academia".

É o segundo accidente dun avión militar en menos dun mes e na mesma zona. O 26 de agosto outra aeronave caeu á auga fronte á Manga do Mar Menor. Faleceu o único tripulante.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí