Cae a fachada dunha casa en Oleiros sen causar feridos
É o estado en que quedou esta vivenda do século XIX, da parroquia oleirense de Iñás, despois de que a galería se derrubara.
Antonio Correa, fillo dos propietarios da vivenda: "Eran as catro e media da mañá, estabamos durmindo e un estrondo espertounos".
En escasos dez minutos, xa estaban no lugar axentes da Policía Local, Garda Civil e tamén os bombeiros de Arteixo.
Alejandro García, xefe do parque de bombeiros de Arteixo: "Non había ningún risco de afectación".
De feito, os propietarios, ante o estado de deterioración da galería, xa pensaban en facer obras para evitar que caese.
Antonio Correa, fillo dos propietarios da vivenda: "Tiñamos pensado apuntalar e pedir os permisos pertinentes, porque é unha casa catalogada...".
Malia o cuantiosos que son os danos materiais, cren que, de acontecer a outra hora do día, as consecuencias puideran ser moito máis graves.
Antonio Correa, fillo dos propietarios da vivenda: "Na galería dorme a sesta meu pai".
Mentres, intentarán recuperarse do gran susto que levaron.