CRTVG

Buscar

Cae a banda que presuntamente asaltou varios negocios na Costa da Morte

Publicado o 18/09/2020 15:22

Hoxe pasaron a disposición xudicial tres das cinco persoas detidas en Carballo pola súa presunta vinculación cos roubos cometidos na zona nos últimos meses.
Dous dos detidos quedaron xa en liberdade, en calidade de investigados.
O operativo aínda continúa aberto e non se desbota que nas próximas horas aínda poidan producirse novas detencións.
As investigacións policiais céntranse agora en analizar se a ducia de asaltos e roubos perpretados na Costa da Morte este verán poderían estar relacionados con esta banda.
 

Noticias web

18/09/2020