CRTVG

Buscar

Cae a banda dos Dalton, especialistas en atracar bancos

Publicado o 01/03/2019 14:41

Unha operación conxunta da Policía Nacional e os Mossos d'Esquadra fixo caer a banda de atracadores malagueña coñecida como os Hermanos Dalton. Na acción, realizada en Barcelona e Marbella, detiveron 13 persoas.

O grupo criminal era especialista en asaltar bancos con armas de fogo e estaba preparando un novo atraco.

A operación tamén destapou unha trama de branqueo de capitais que a banda usaba para introducir no tráfico legal os cartos roubados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/03/2019