CRTVG

Buscar

Cadea perpetua para o matrimonio que pechou e torturou os fillos en California

Publicado o 20/04/2019 14:29

Os Turpin escoitaron entre bágoas as declaracións que fixeron algúns dos seus fillos na sala, fóra de cámara: "Meus pais quitáronme a vida pero agora estouna recuperando", dicía unha das rapazas, que explicaba tamén que vai á universidade e vive de forma independente e aseveraba que o que pasou, fíxoa forte...


Outro fillo puntualizaba que aquilo xa pasou e que quere os seus pais... Aseguraba ademais que lles perdoou moitas das cousas que lle fixeron a el e aos seus irmáns.

A nai pediu perdón e insistiu en que amaba os rapaces.

O pai, por boca da súa avogada, sostivo que nunca os quixo danar.

Louise, de 50 anos, e o seu home, David, un enxeñeiro aeroespacial de 57, admitiron que tiveran 12 dos seus 13 fillos, de entre tres e trinta anos, cativos na casa e que os torturaran. Encadeábanos ás camas ou metíanos en gaiolas, pegábanlles, tíñanos mal alimentados e só os deixaban ducharse unha vez ao ano.
A condena é a cadea perpetua. Estarán co cárcere, como mínimo, 25 anos. O xuíz díxolles que danaron o desenvolvemento mental, físico e emocional dos seus fillos e que se prosperan, non será polos seus pais senón a pesar deles.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/04/2019