Cadea humana polo emprego entre Narón e Ferrol
Publicado o 17/12/2020 16:28
Catro horas de folga e unha cadea humana que uniu os concellos de Narón e Ferrol serviron para lanzar unha mensaxe de socorro e denunciar unha situación que UXT, CCOO e a CIG cualifican de emerxencia social.
Piden políticas de reindustrialización para unha zona na que, segundo os sindicatos, hai máis de catorce mil persoas no paro, ao tempo que viven con preocupación o futuro de empresas como Navantia, Endesa ou Siemens Gamesa.