CRTVG

Buscar

Cadea humana en Monforte para protestar contra o proxecto de ponte nova sobre o río Cabe

Publicado o 27/06/2021 16:36

 Son algunhas das centos de persoas que se manifestaron esta mañá en Monforte en contra do proxecto da nova ponte que ten previsto facer o concello. Onde agora está esta pasarela de madeira, habería unha ponte de case catorce metros con tráfico nos dous sentidos, que dende a plataforma Salvemos o malecón consideran absurda e, sobre todo, innecesaria.

Cren que con reordenar o tráfico abondaría e quéixanse, ademais, de que o Concello non quere escoitar a opinión dos veciños. Consideran tamén que hai necesidades perentorias que axudarían a fixar poboación.

Precisamente, esta fin de semana a Universidade da Coruña organizou en Monforte unhas xornadas sobre mobilide e urbanismo, nas que participaron o conselleiro de Economía, Francisco Conde, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas.
Nestas xornadas a plataforma Salvemos o malecón enfatizou que para o futuro das vilas é imprescindible o diálogo, o coñecemento e a cooperación.
 

Noticias web

27/06/2021