CRTVG

Buscar

Cadea humana da hostalería da Coruña para transportar 30 toneladas de alimentos para a Cociña Económica

Publicado o 20/11/2020 21:01

Mans solidarias para carrexar unha a unha as máis de mil bolsas de alimentos que se encheron grazas ás doazóns dos hostaleiros.

Botando unha man aos hostaleiros centos de voluntarios, más de 300. Unha auténtica marea humana de solidariedade para chamar a atención tamén sobre a situación de todos aqueles que o están a pasar mal por mor da pandemia.

Un a un e todos xuntos lograron unir os 700 metros que separan a praza de María Pita da Cociña Económica da Coruña, destino xunto co Banco de Alimentos das máis de 30 toneladas que aliviarán a necesidade de moitas familias.

Solidariedade como camiño para buscar unha saída nos momentos máis complicados.

Noticias web

20/11/2020