CRTVG

Buscar

Cadaleitos amoreados agardan quenda para seren enterrados en Barcelona

Publicado o 02/04/2020 21:06

No aparcadoiro subterráneo do tanatorio de Collserolla en Barcelona, amoréanse os ataúdes con cadáveres á espera de que poidan soterralos.

As ringleiras cumpren cos requisitos esixidos polas autoridades sanitarias. Este aparcadoiro ten capacidade para 1.800 ataúdes. Cataluña ten 22.000 infectados e máis de 2.000 mortos, é a segunda comunidade máis afectada polo coronavirus.

Noticias web

02/04/2020