Cada vez son máis os galegos que apostan pola reciclaxe de lixo nas súas vivendas
Arredor de sete de cada dez galegos apostan pola reciclaxe de lixo nas súas vivendas, unha porcentaxe que sigue subindo respecto de enquisas en anos anteriores. Medra a concienciación polo medio ambiente entre os máis novos pero aínda seguen a ser o grupo de idade que menos recicla.
A maioría dos galegos xa teñen interiorizada a práctica de reciclaxe do lixo tanto dentro como fóra da casa. A xente nova aínda que vai tomando cada días máis concienciación e os datos das enquisas apuntan unha melloría seguen a ser os máis preguiceiros.
Dos 24 a os 65 anos son os que máis reciclan. Máis nas vilas de tamaño medio que no rural ou nas cidades. Son poucos os que coñecen o significado do termo economía circular, pero algúns a practican sen sabelo.
Dentro dos fogares galegos o máis común é ter tres bolsas distintas para clasificar o lixo pero arredor dun 25% conta con xa 4 ou máis cubos para depositar os residuos.