CRTVG

Buscar

Cada vez son máis os clientes e negocios que apostan polos produtos a granel na Coruña

Publicado o 03/07/2019 21:31

Os únicos envases que entran nesta tenda do barrio coruñés dos Mallos son de segunda man. Podemos traelos da casa ou ben pedirllos ao seu dono, Daniel. O obxectivo é claro: reducir ao máximo o consumo de plásticos. A súa filosofía é a venda a granel de produtos para a limpeza do fogar e deterxentes ecolóxicos.

Tamén se busca a sostibilidade nos produtos de coidado persoal con xeles ou xampús sen contidos de microplásticos e respectuosos co medio ambiente.

O ciclo do plástico péchase aquí coa recollida de envases usados para darlles unha segunda vida.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/07/2019