CRTVG

Buscar

Alerta desde as unidades de agudos: cada vez ingresan máis mozos nas UCI galegas

Publicado o 14/02/2021 13:26

Calquera de nós pode rematar nunha unidade de críticos se non respectamos as normas anticovid. Dá igual a nosa idade. Por esta UCI do complexo hospitalario de Pontevedra constataron que nesta terceira vaga diminuíu de xeito considerable a idade de moitos ingresados e que xente moi nova tamén está precisando ventilación mecánica.

Na área sanitaria de Pontevedra hai 1.787 persoas infectadas, das que oitenta están hospitalizadas hoxe, vinte e unha delas está nunha unidade de coidados intensivos coma esta. Desde a área sanitaria piden que se sigan cumprindo as normas e extremando as precaucións porque unidades coma esta reciben ingresos acotío, cada vez de persoas máis novas.

 

Noticias web

14/02/2021