CRTVG

Buscar

Cada vez é máis frecuente que as quenllas visiten as praias galegas

Publicado o 23/08/2021 18:35

Nos últimos anos son cada vez mais frecuentes os avistamentos de quenllas nas praias da costa galega. Este verán xa rexistraron máis de 200. Normalmente son crías e non representan perigo ningún, sempre e cando non as molesten.

Nas imaxes vemos unha quenlla na praia de Rodas, nas illas Cíes. Nos últimos anos os avistamentos destes pequenos tiburóns cada vez son máis habituais. 

Moitas chegan deshidratadas e desorientadas, adoitan ser crías duns 50 ou 60 centímetros que foxen das súas zonas de reprodución á procura de alimento e tranquilidade.  

Dende a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños aseguran que non representan perigo ningún se non as molestan. No caso de que queden varadas aconsellan devolvelas ao mar cunha toalla e sempre con precaución, sen esquecer que teñen dentes. 

Noticias web

23/08/2021