CRTVG

Buscar

Cada once de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Publicado o 10/02/2019 13:24

Entre os gañadores dos últimos Premios Nobel nas tres categorías científicas non figura ningunha investigadora. Desde que 1901 comezaron a entregarse, 844 galardóns foron para homes e só 49 para mulleres. Ademais, entre elas só 17 conseguiron o de Física, Química, ou Fisioloxía e Medicina.

Son datos que, por outra parte, non reflicten o que acontece nos laboratorios e universidades, onde a presenza de mulleres é cada vez maior. Porén, son poucas as que lideran grupos de investigación ou dirixen insititucións e universidades.

Unha realidade que se fai máis presente cada 11 de febreiro, cando se celebra o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Disto fálanos Xoana Pintos, investigadora na USC e doutora en Historia das Ciencias, especialista en estudos de xénero e na presenza da muller no eido científico.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/02/2019