Cada día un escritor de Edicións Xerais le o inicio dos seus libros para compartilo nas redes
Cada día un escritor de Edicións Xerais está a ler o inicio dos seus libros para despois compartilo nas redes sociais. A editorial empezou esta iniciativa o 18 de marzo. Dende entón máis de 30 homes e mulleres das letras uníronse a esta campaña titulada En voz propia.
Santiago Lopo le o comezo de A arte de trobar. Participa na iniciativa de Edicións Xerais En voz propia.
É un dos escritores galegos que nos convidan á súa casa dende as redes sociais da editorial.
Dende o 18 de marzo participaron máis de trinta homes e mulleres das letras que camiñan polos distintos vieros da literatura.
Xa están na Rede escritores consagrados como Manuel Rivas e os seus versos de Boca da Terra e Suso de Toro e o seu ensaio Humildar.
Coñecemos o can de Ramón Nicolás que escoita como empeza o Lapis na noite e o gato de Eva Mejuto, que enreda mentres le Memoria do silencio.
Experimentadas escritoras como María Xosé Queizán proponos Vivir a galope das súas súas memorias E Elena
Gallego Abad entréganos a fantasia da terceira parte de Dragall A fraternidade do dragón.
Todos eles, e moitos máis, en voz propia.