CRTVG

Buscar

Cada ano botamos oito millóns de toneladas de plástico ao mar

Publicado o 13/06/2018 15:39

Poñer en marcha medidas de prevención e mitigación, desenvolver sistemas que axuden a detectar a acumulación de lixo mariño e ver como se pode retirar o plástico do fondo sen danar a vexetación. Son algúns dos retos para evitar que máis de oito millóns de toneladas de plástico acaben nos nosos mares. O 80% dos residuos provén de terra.

Estes son algúns dos plásticos que se atopan no mar e cada ano bótanse máis de oito millóns de toneladas. Trátase dun problema mundial en que hai que actuar de xeito inminente. En Vigo celebrouse unha xornada para debater como momnitorizalo e como retiralo sen danar a vexetación.

O 80% dos residuso mariños proveñen de terra. Os barcos que o atopan nas súas redes, gárdano e ao chegar a porto desembárcano. O plástico é moi persistente e dispérsase con moita facilidade. En España recolleuse unha media de 320 obxectos de lixo por cada 100 metros de praia.

Vehículos mariños con cámara ou drons servirían para adquirir datos do lixo mariño en tempo e espazo. O plástico tarda máis en biodegradarse no mar ca en terra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2018