Cabo de Cruz e Ares non poden adestrarse na auga e están en desvantaxe coas embarcacións vascas
Publicado o 09/06/2020 18:18
O novo escenario abre o debate sobre se o comezo da Liga ACT está en risco. Esta mañá xuntamos os adestradores de Cabo da Cruz e de Ares.
O Goberno vasco regulou os adestramentos das traiñeiras; a Xunta perfila o protocolo e os remeiros están inquedos.
Ares e Cabo agardan ter permiso dende o venres para saír á auga.