CRTVG

Buscar

Cabo da Cruz confía nas súas posibilidades de estar na final da Concha

Publicado o 27/08/2019 14:39

A clasificación da Liga Eusko Label di que Cabo da Cruz, oitava, debe entrar na final da Concha. Pero non se fían dunha clasificatoria que todos os equipos teñen marcada en vermello.

Javi Sayáns, cre que "estamos centrados niso, adestramos moitos días para esa regata, que é a máis importante. Imos bastante ben e darémolo todo para entrar. Está complicado, porque Hondarroa está un pouco por riba de nós, Kaiku tamén está aí, pero sangue, suor e bágoas. Van suar sangue, non lles queda outra".

A natureza da Concha iguala as forzas na final. Calquera imprevisto pode dar un susto, ou un empurrón para facer historia. Estar alí xa sería un éxito, e Cabo buscaría aproveitar as súas opcións.

"Se estás en vinte segundos, cambio de vento, as estaxes, un día malo que teña algún equipo... A min pelexar a primeira quenda, a de consolación, xa me gustaría pelexala. Pelexar a quenda de honra xa me parece moi complicado", di Benigno Silva, adestrador de Cabo da Cruz.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/08/2019