CRTVG

Buscar

Cabello Carceller, rapeando filosofía en galego

Publicado o 25/09/2020 14:17

Menina Arroutada recita textos de filosofía. É unha das voces que saíron do seu rego para que os textos de catro pensadores desbordaran o libro de ensaio. Foi en Bonaval, en galego, no Festival Plataforma.

Una performance de Ana Carceller e Helena Cabello, unhas artistas cunha ampla traxectoria internacional.

Rapeando filosofía xa se materializou en castelán.

Outros rapeiros entoaron tamén as letras dos filósofos Michel Foucault, Susan Sontag, Judith Butler, Joseph-Achille Mbembe.

En Santiago, os rapeiros convidados foron Menina Arroutada, García, Rendi Nue y Dj Mil.
Interpretan unha emoción que xa se atopa nos propios textos dos ensaios.

Unha emoción multiplicada pola performance en vivo dos rapeiros galegos.

Porque o pensamento non ten portas nin fronteiras, cómpre escoitar os rapeiros e os filósofos para reflexionar sobre a violencia do mundo e o tempo en que temos que vivir.

 

Noticias web

25/09/2020