CRTVG

Buscar

Cabazas xigantes á beira do río Miño en Lugo

Publicado o 19/09/2019 13:24

Estamos en temporada de colleitas e a natureza non deixa de sorprendernos. Para os que pasean estes días á beira do río Miño no centro urbano de Lugo é difícil non botar os ollos nestas cabazas xigantes que medran nunha das leiras. Será pola humidade da zona ou a calidade da terra, non hai segredos, nin tratamentos.

Así nolo contaba Esther Fornias, dona das cabazas xigantes: "Pois non sei, botáronse coma sempre e saíron así de grandes. Usarémolas para o colexio, para a festa do Samaín e para quen as queira".

Aínda non as pesaron e o seu tamaño será maior cando as recollan o vindeiro mes, pero moitas delas xa superan os 30 centímetros de diámetro dunha cabaza normal.

Esther Fornias, dona das cabazas xigantes, sinalaba: "Aínda non pesamos ningunha, pero pesarán bastantes quilos, eu non creo que poida con elas".

Para o xantar, para decorar aquí, aínda non saben que facer con semellante colleita.

Noticias web

19/09/2019