CRTVG

Buscar

Cabaza xigante nunha leira de Dodro

Publicado o 14/09/2017 14:12

Aínda non a puido pesar, pero o dono da horta calcula que pasa dos 100 quilos a cabaza xigante que lle saíu na leira, en Dodro. O que si fixo foi medila, e sáenlle dous metros trinta de perímetro. E iso que di que o único segredo foi regala dende que a puxo.


Manuel ensina orgulloso a súa leira de Tallós, no concello de Dodro, preto de Padrón. Este ano só plantou patacas e cabazas, e non se cansa de mirar para estes froitos, especialmente para esta. Con outra xigante coma esta  gañou un concurso de cabazas hai tres anos.
"Hai que traer unha báscula. Ten 2,30 metros, mal medidos. E pesar, pasa dos 100 quilos. A de hai tres anos pesaba 107 quilos no concurso, e esta pesa máis. Está máis maciza, aínda non mermou nada."Conta con que aínda medre algo máis e di que o único segredo é que quere moita auga. Desde que as plantou en maio, non deixou de regar. A cabaza aínda está no terreo, compartindo espazo con outras que tampouco se quedan atrás en canto a tamaño. 
"Esa é a máis vella de todas. Lévalles polo menos tres semanas máis ás outras. Hai tres razas de cabazas: a negra, esas outras bonitas e mais outras alongadas. Débense dar polo terreo que é seco e ao regar van tirando e dá gusto velas. De día a día medran de medo."
Manuel non descarta presentala a un concurso e xa bromea pensando en pedirlle ao Concello un posto para poder vendela enteira ou por anacos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2017