CRTVG

Buscar

Cabanas suspende o servizo de socorrismo tras o positivo dun traballador

Publicado o 24/07/2021 21:20

O sol ficou escondido durante practicamente todo o día e o termómetro apenas pasou dos vinte graos, pero nin as nubes nin as temperaturas conseguiron disuadir os bañistas. En canto chegaron á praia decatáronse da ausencia. O positivo dun dos socorristas obrigou a suspender temporalmente o servizo neste areal, o máis concorrido do concello de Cabanas. Os catro compañeiros realizaron unha proba PCR e están á espera dos resultados. A Madalena é unha praia pouco ventosa e de augas tranquilas, pero, aínda así, a vixilancia dos profesionais achega tranquilidade.

O Concello de Cabanas pídelles prudencia aos bañistas. Agarda poder restablecer o servizo a comezos da próxima semana.

Noticias web

24/07/2021