Caballero resta importancia ás "operacións persoais" de Pachi Vázquez
O que fora scretario xeral dos socialistas galegos entre os anos 2009 e 2013, está liderando as contactos con cargos municipais que se consideran purgados ou marxinados pola actual dirección para crear un novo partido, tal que como admitía esta semana nunha entrevista na Radio Galega. "Case, case un partido instrumental"
O actual líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, cre que os intereses xerais da maioría deben estar por riba de calquera operación persoal. "Neste momento a cidadanía está pendente dos grandes temas da política e creo que as operacións persoais son irrelevantes nestas circunstancias"
A nova formación podería ter éxito nalgúns concellos da provincia de Ourense coma O Carballiño ou Maceda. Tampouco se descarta que consiga adhesións en Lugo. "Como socialista sempre queda esa sensación....indescritible".Pachi Vázquez, que abandonou o PSdeG en decembro do ano pasado, tomou esta decisión tras rexeitar unha proposta para integrarse en Ciudadanos.