CRTVG

Buscar

Caballero reivindica o papel da política municipal para saír da crise

Publicado o 14/10/2021 14:45

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, achegábase ata o concello de Alfoz. Alí reivindicaba o papel da política municipal para saír da crise tras a pandemia e destacaba o traballo dos concellos con alcaldías socialistas.

"Para saír da crise as políticas municipais xogan un papel fundamental e as alcaldías socialistas representan a mellor política municpal de Galicia", manifestou Gonzalo Caballero.

Noticias web

14/10/2021