CRTVG

Buscar

Caballero reclámalle á Xunta un plan de rescate para a hostalería

Publicado o 14/01/2021 13:45

O secretario xeral do PSdeG-PSOE reclámalle á Xunta un plan de rescate para a hostalaría ante as novas medidas que entran en vigor esta medianoite para frear a expansión da covid. Di que supoñen o peche encuberto de numerosos negocios.

Gonzalo Caballero asegura que "é o momento de cumprir as normas pero tamén de apoiar a cidadanía e aos sectores económicos para que poidan resistir unha terceira onda da pandemia, que é tamen unha terceira onda da crise económica e das restricións para aos sectores afectados".

Noticias web

14/01/2021