CRTVG

Buscar

Caballero pídelle unidade ao PSdeG de Lugo en torno a José Tomé

Publicado o 02/09/2021 16:31

No PSdeG, seguen traballando nas listas de delegados que van participar no Congreso Federal de outubro. Mañá péchase o prazo para configurar as candidaturas e xa sabemos que na de Lugo podería haber máis dunha. 

O alcalde de Castroverde, José María Ares, podería competir con José Tomé, o presidente da Deputación. Con Tomé estivo este xoves o secretario xeral do partido, Gonzalo Caballero, para pedir unidade arredor da súa figura.

"Entendo que todos os socialistas de Lugo o que queren e queremos é traballar para fortalecer o proxecto de Pedro Sánchez e non despistarnos en ningunha cuestión, estou convencido de que esa liña de integración e unidade arredor do proxecto de Sánchez cunha candidatura aqui en Lugo encabezada polo presidente da Deputación José Tomé", dixo Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG.

Noticias web

02/09/2021