CRTVG

Buscar

Caballero pide unha nova política de medio rural na súa visita a Cualedro

Publicado o 18/09/2020 14:00

O líder dos socialistas galegos visitou esta mañá o concello de Cualedro, un dos máis afectados polos incendios que se iniciaron a pasada fin de semana. Gonzalo Caballero pide máis implicación da Xunta para conseguir, dixo, unha política de medio rural que coide o territorio.

"Hai un goberno da Xunta que ten moitas competencias e medios, e temos que dedicar entre todos todas as forzas para conseguir unha política de medio rural que coide o territorio cunha política de prevención que evite situacións de alto risco".

Noticias web

18/09/2020