Caballero insta a Xunta a apoiar municipios do rural
Publicado o 08/10/2021 16:36
Gonzalo Caballero presenta este venres en Vigo a súa candidatura para repetir como secretario xeral dos socialistas galegos. Caballero escolle a súa cidade para presentarlle a militancia o seu proxecto fronte o do seu rival, Valentín González Formoso. Esta mañá o actual líder do PSdeG explicaba que é necesaria unha nova política para o medio rural.
"Sempre seremos os grandes aliados da Galicia rural, sempre respaldaremos medidas para apoiar os concellos pequenos, sempre defendemos a igualdade de oportunidades, e non queremos unha Galicia que Feijóo marca con distintas velocidades", di Gonzalo Caballero.