CRTVG

Buscar

Caballero insta a Feijóo a mudar as "políticas erráticas en Sanidade" ou a cesar a Comesaña

Publicado o 17/08/2021 13:16

Os socialistas de Galicia reclaman un bo acordo que permita levar adiante a reactivación económica da nosa comunidade tras a pandemia. Acompañado polo expresidente da Xunta de Galicia Fernando González Laxe, o secretario xeral do PSdeG avogou por aproveitar os fondos europeos para afrontar un cambio de modelo produtivo na nosa comunidade.

Gonzalo Caballero asegurou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijó, debe "cambiar" o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, se non "rectifica" a actual política "errática" en materia sanitaria.

O líder dos socialistas galegos cargou contra a xestión da Sanidade ao referirse ao colapso na web do Sergas polas autocitas, á "saturación" na Atención Primaria, á suspensión dun artigo da Lei de saúde galega e á anulación do certificado covid para entrar en locais de hostalería.

"Ou o presidente da Xunta rectifica as políticas públicas ou cambia ao responsable de Sanidade", subliñou en declaracións á prensa Gonzalo Caballero, que remarcou que o PP vai "de chapuza en chapuza" no ámbito sanitario mentres a Atención Primaria sofre listas de espera "de 26 días". 

Noticias web

17/08/2021