CRTVG

Buscar

Caballero e Touriño piden un cambio político como o de 2005

Publicado o 19/06/2020 20:59

Os socialistas galegos conmemoraron hoxe os 15 anos da vitoria electoral de Emilio Pérez Touriño. Foi nun acto celebrado esta tarde no parque de San Domingos de Bonaval, un acto onde reclamaron un cambio como o de 2005 para o vindeiro 12 de xullo.

O expresidente Toruiño dixo que é momento de abrir a porta dun futuro mellor para Galicia. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, prometeu a creación dunha Consellería de Igualdade se goberna e tamén un sistema de gratuidade de libros e dixitalización para o alumnado.

Noticias web

19/06/2020