Caballero e Formoso presentan cadanseu proxecto como "o gañador" ante a militancia
Publicado o 10/10/2021 21:12

Os candidatos ás primarias do PSdeG seguen a manter encontros coa militancia para achegarlles o seu proxecto. Gonzalo Caballero estivo este domingo en Noia e en Monforte. Alí reuniuse coas bases do partido. O actual secretario xeral asegura que está a observar "unha mobilización crecente" da militancia "para apostar polo único proxecto gañador contra a dereita".
Pola súa banda, Valentín González Formoso reuniuse coa militancia socialista en Mos e en Cuntis. Formoso asegura que o 30 de outubro, día en que concluirá o proceso de primarias, decidirase se o partido se resigna "a pelexar por ser os segundos ou os terceiros" ou se quere "aspirar a gobernar en Galicia".