Caballero e Formoso continúan cos encontros coa militancia socialista
Publicado o 10/10/2021 17:05

O secretario xeral dos socialistas galegos e o seu rival no proceso de primarias continúan cos encontros coa militancia para presentar cadanseu proxecto e atender as súas demandas.
Gonzalo Caballero participou esta mañá de domingo nunha reunión coa militancia en Noia e pola tarde estará en Monforte de Lemos. Valentín González Formoso estivo pola mañá en Oia, A Guarda e Tui. Pola tarde achegarase a Mos e Cuntis.