CRTVG

Buscar

Caballero di que os socialistas terán decididos os candidatos ás alcaldías a finais de ano

Publicado o 22/09/2018 14:52

Os socialistas galegos comezan o curso político sinalando que será a militancia a que decida os seus candidatos ás alcaldías.

Asegurouno o seu secretario xeral á saída da reunión interparlamentaria na que se xuntaron os seus representantes nas distintas cámaras, ademais dos secretarios de área. Gonzalo Caballero dixo que o seu partido está en condicións de converterse nunha maioría alternativa ao PP en Galicia e anunciou o calendario previsto para definir as candidaturas do PSdeG ás vindeiras municipais.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/09/2018