Caballero desvincula o futuro de ENCE na ría de Pontevedra da Lei de cambio climático
Publicado o 25/03/2021 16:36
O secretario xeral dos socialistas galegos desvincula o futuro de ENCE na ría de Pontevedra da Lei de cambio climático que se debate no Congreso. Despois dunha xuntanza coa vicepresidenta Teresa Ribera, Gonzalo Caballero dixo que o Goberno de España estará ao que digan os tribunais sobre a concesión á pasteira.
Afirma Caballero que "o Goberno de España é un Goberno responsable que respecta as decisións xudiciais e o problema de ENCE é un problema que está en mans dos tribunais e non ten nada que ver coa cuestión de ningún tipo de lexislación que estea agora en desenvolvemento no Congreso dos Deputados".