CRTVG

Buscar

Caballero delega no seu número 2 a intervención na crise do PSdeG na Coruña

Publicado o 12/11/2020 15:36

Ás discrepancias no PSOE da Coruña que levaron ao cesamento da concelleira de Emprego referiuse este xoves o secretario xeral do partido, Gonzalo Caballero.

O líder dos socialistas galegos evitou comentar os argumentos que utilizou Inés Rey, a alcaldesa da cidade, para apartar a Eva Martínez. A edil cesada seguirá sendo a responsable do PSOE na cidade.

Caballero facía estas declaracións hoxe en Ferrol, despois de reunirse co alcalde, Ángel Mato. Segundo o líder dos socialistas galegos, parte dos fondos de recuperación europeos deben destinarse á modernización de Navantia, para garantir o futuro industrial da comarca.

Noticias web

12/11/2020